A mellor escena

2/10/08

Quero propoñervos un pequeno xogo. Describide e mostrade aque considerades mellor escena ou aquela que vos fixera sentir algo inesquecíble ó vela nunha pantalla.
Eu vou escoller hoxe a escena final do "Terceiro home" de Carol Reed. ¿Por qué?
Día soleado pero de outono. A perfecta pespectiva do camiño flanqueado por árbores espidas dá un tono melancólico e de espera á situación. Un home espera inmóbil a que se achegue unha muller que , nun longuísimo paseo, se aproxima a nós. A inmobilidade del, o andar decidido dela, a súa deliberada indiferencia , a tristura do xesto do home encendendo o pitillo, e por fin, a impresionante música, fan que un remuíño de sentimentos non expresados salten da pantalla á mente do espectador.
Cun plano aparentemente sinxelo pero milimétricamente construído, toda a emoción que pode encerrar unha escena é transmitida de xeito xenial.
Eu non sei o que daría por poder facer algo así.

4 comentarios:

angel dijo...

O cine é fermoso, eu tería que escoller algo moi clásico, algunha escena que por pouco que se vexa cine clavase na memoria: Marlon Brando en moto (cacho actor) ou Marilin en minifalda (Eu e moitos ainda suspiramos por ela).
Os Monty Pyton na "Vida de Bryan" ou,... non sei quedar só con unha escea amo mais de unha a que pos por exemplo é boa.

Lord Babeco dijo...

Yo tengo una muy mitica, En el Padrino 1, cuando Michael Corleone se carga al de la banda rival y al poli corrupto.

http://es.youtube.com/watch?v=M2YBZxfW990

Me chifla porque es una escena cargada de suspense. Sabes lo que tiene que hacer y Michael tambien lo sabe, pero de eso ha hacerlo hay un paso muy muy grande. Sobre todo para un chico que nunca habia matado a sangre fria. Memorable el montaje, los planos, el audio y por supuesto Al Pacino.

terceirohome dijo...

É certo. Fantástica escena. Para os que din que Coppola non ten nada especial , que proben a planificar unha escena tan complicada e a desenvolvela na pantalla con tanto suspense. Totalmente de acordo o que se refire á montaxe, planos, audio etc.

luis dijo...

As esceas son todas moi precisas para entender o traballo final. Estou dacordo con Angel Vexamos moito cine!