Coido que me acabo de confundir de lugar. O que eu pensaba que era unha pasterlería e cafetería do máis vulgar, resultou selo. Pero non do xeito que eu pensaba. Era o escenario dunha peli de Tim Burton, ben podería ser unha cafetería da cidade esa á que chega o protagonista de Big Fish en que todo o mundo sorrí e é súperfeliz. As camareiras ían vestidas tal cual coma nas pelis americanas, que levan unha xerriña con café e che enchen a cunca sempre que queiras, non faltaba detalle pero sobre todo resaltaba a cor rosa dos uniformes, relucientes e perfectamente planchados a xogo co amplo sorriso que cada unha delas levaba, algún acompañado dunha prominente ortodoncia. O que eu dicía, de película! É que hai unha rúa, aquí en Vilagarcía, que, penso, recrea os bares míticos das series galegas. Está O “Suízo” (escenario da mítica, e hipermegarreposta, Pratos Combinados) e tamén “Mareas Vivas” que seguramente se miras cara ó interior ves a un tipo gordo e calvo nada parecido a “petróleo” pero cuspidiño a Miro Pereira. E é que Vilagarcía é audiovisual, coma o noso certame ;)
Para que non todo sexa "evocasión" e melancolía, aí vai o "gag" perfecto. Só se necesitan dous actorazos, un guión cojonudo e un telefonillo. Non importa as veces que a vexa, cada vez que escoito "Sho al chico lo veo sinsero", dáme tal ataque de risa que sempre vén alguén da mña famlia a preguntar se pasa algo. Animádevos a introducir entradas ou a comentar algo, veña.
Non quero ser pesado, pero adicado a todos aqueles que pensan que a evocación e os recordos na pantalla foron inventados por David Lynch, aí vai un exemplo marabilloso de como sen aspavientos, só cuns encadres preciosos e precisos, unha música evocadora, unha fotografía en branco en negro hiperrrealista, alguén pode recordar un pasaxe da niñez cunha elegancia e simpleza incribles. Unha vez máis, Fellini retrata con infinito cariño a un ser que habita en case todos os pobos e cidades, alguén do que a maioría nos rimos. Hai algo, sen embargo, tras os seus rasgos deformados polo maquillaxe excesivo e tras o contoneo das súas caderas, que nos fai sentir ternura. Os berros alegres dos rapaces non conseguen ocultar o incipiente desexo nas súas miradas, co que a escena está protagonizada ó final por inocentes.
Descoñezo se a todo o mundo lle pasará igual que a min, pero hai certos autores que fan que se paralice o mundo durante o tempo que observo as súas obras . Nese intres a capacidade de sentir parece que se multiplica por miles dentro de min. O meu cerebro comeza a rexistrar as habilidades propias da maestría do autor:o ben que fai esta toma , o ben que encadra.....como fai a posta en escena, pero ó final, todo iso non importa nada, porque a marabillosa forza do que creou imponse sobre calquera razoamento e só queda o puro goce da contemplación.
Perdoade este ataque de romanticismo literario "de andar pola casa", pero acabo de volver ver o final das " Noites de Cabiria" e volvo a emocionarme co gran Fellini, para min un auténtico xenio.
A escena comeza con Cabirina, (A gran Giuletta Massina), camiñando polo boque onde exerce a súa profesión de prostituta. O escenario é espectral: as arbores flanquean o camiño iluminado por tibias luces nocturnas. Cabiria camiña polo centro do camiño como se ela fose un espíritú sen vida. Por enésima vez entregou o seu corazón a un home que, coma todos, se aproveitou desa alegría inxenua, dese sentimentode esperanza que nin siquera un traballo tan cruel pode destruir. Sen embargo, esta vez todo parece diferente:O espectador parece adiviñar que o sisguiente paso de Cabiria será o suicidio.
Por outra banda, un grupo de persoas cantan e bailan ó seu redor como alegres fantasmas. Con esa maestría inigualable da que fai gala Fellini, a historia parece adquirir un tono de irrealidade onírica que envolve a traxedia da protagonista. Incluso un dos músicos ladra, suliñando a deshumanización que parece rodear a Cabiria. Pero, de súpeto, unha muller nova diríxese a ela cun doce: "Buona Sera" e esa parte de Cabiria que desexa deseperadamente un mínimo xesto de cariño reacciona unha vez máis. Nun marabilloso primeiro plano, Giuletta Massina fainos sentir a desesperanza, a traxedia, a bondade e a alegría de vivir nun so golpe. A súa mirada diríxese nós durante os últimos segundos do plano, facéndonos sentir todo o que ela está sentindo e, quizáis moito máis do que podemos describir con palabras...
Creo que son os segundos que mostran a mellor actuación que eu nunca vin nunha pantalla
Hoxe temos reunión. O comité de preselección, que xa veu todas as curtas inscritas, xuntarase para seleccionar as mellores. Un traballo que non parece difícil, pero que pode prolongarse máis do esperado se non existe unanimidade. A ver qué pasa.
Despois maratón para preparar as fichas dos traballos seleccionados, montalas nun catálogo e levalas a imprimir. De vagar. Pero como din os italianos, SEGURO.
Moitas grazas a Juan, Camillo e Emilio por axudarnos co stand de Ourense.
Pois si, desde esta fin de semana teremos un stand no Festival Internacional de Cine de Ourense no que poderedes contactar con nós, saber máis da programación do noso festival e poñernos cara!!
Ademais temos un agasallo preparado para tod@s @s que vos acheguedes!
Se queredes sabelo todo sobre un dos eventos cinematográficos máis agardados do ano consultade a programación do festival, van pola edición número 13 (glups!) en http://www.ouff.org/
Detrás da organización de calquera evento sempre hai moito traballo. Neste caso persoas motivadas e ilusionadas cun proxecto concreto: o 36 Certamen Audiovisual Internacional que organiza o liceo de Vilagarcía.Abrimos as portas do festival para convidarvos a entrar no seu día a día...
Cinema no Fórum: Outros horizontes
-
*Outros horizontes*
Poucos eran os afeccionados occidentais que sabían algo do cinema xaponés
alá por 1951, cando *Rashomon* de Akira Kurosawa obtivo o Le...
Surat Kuasa Penunjukkan Pengelolaan Rekening
-
Sep 26 2017 Surat Ijin Usaha. Jajat Sudrajat Jabatan.
[image: Contoh Surat Kuasa Tutup Rekening Bank have an image from the
otherContoh Surat Kuasa Tutup...