Coido que me acabo de confundir de lugar. O que eu pensaba que era unha pasterlería e cafetería do máis vulgar, resultou selo. Pero non do xeito que eu pensaba.
Era o escenario dunha peli de Tim Burton, ben podería ser unha cafetería da cidade esa á que chega o protagonista de Big Fish en que todo o mundo sorrí e é súperfeliz.
As camareiras ían vestidas tal cual coma nas pelis americanas, que levan unha xerriña con café e che enchen a cunca sempre que queiras, non faltaba detalle pero sobre todo resaltaba a cor rosa dos uniformes, relucientes e perfectamente planchados a xogo co amplo sorriso que cada unha delas levaba, algún acompañado dunha prominente ortodoncia. O que eu dicía, de película!
É que hai unha rúa, aquí en Vilagarcía, que, penso, recrea os bares míticos das series galegas. Está O “Suízo” (escenario da mítica, e hipermegarreposta, Pratos Combinados) e tamén “Mareas Vivas” que seguramente se miras cara ó interior ves a un tipo gordo e calvo nada parecido a “petróleo” pero cuspidiño a Miro Pereira. E é que Vilagarcía é audiovisual, coma o noso certame ;)

0 comentarios:
Publicar un comentario