Sen título

20/10/08

Finaliza o Ouff
Comeza o Curtocircuito
A seguir Secuencia Cero e Amal
¿Que pasa co Cineuropa?
Tres semanas para o Certamen Audiovisual.
Pánico.

Hoxe temos reunión. O comité de preselección, que xa veu todas as curtas inscritas, xuntarase para seleccionar as mellores. Un traballo que non parece difícil, pero que pode prolongarse máis do esperado se non existe unanimidade.
A ver qué pasa.

Despois maratón para preparar as fichas dos traballos seleccionados, montalas nun catálogo e levalas a imprimir.
De vagar.
Pero como din os italianos, SEGURO.

Moitas grazas a Juan, Camillo e Emilio por axudarnos co stand de Ourense.

0 comentarios: