outra máis

22/10/08

Descoñezo se a todo o mundo lle pasará igual que a min, pero hai certos autores que fan que se paralice o mundo durante o tempo que observo as súas obras . Nese intres a capacidade de sentir parece que se multiplica por miles dentro de min. O meu cerebro comeza a rexistrar as habilidades propias da maestría do autor:o ben que fai esta toma , o ben que encadra.....como fai a posta en escena, pero ó final, todo iso non importa nada, porque a marabillosa forza do que creou imponse sobre calquera razoamento e só queda o puro goce da contemplación.

Perdoade este ataque de romanticismo literario "de andar pola casa", pero acabo de volver ver o final das " Noites de Cabiria" e volvo a emocionarme co gran Fellini, para min un auténtico xenio.

A escena comeza con Cabirina, (A gran Giuletta Massina), camiñando polo boque onde exerce a súa profesión de prostituta. O escenario é espectral: as arbores flanquean o camiño iluminado por tibias luces nocturnas. Cabiria camiña polo centro do camiño como se ela fose un espíritú sen vida. Por enésima vez entregou o seu corazón a un home que, coma todos, se aproveitou desa alegría inxenua, dese sentimentode esperanza que nin siquera un traballo tan cruel pode destruir. Sen embargo, esta vez todo parece diferente:O espectador parece adiviñar que o sisguiente paso de Cabiria será o suicidio.

Por outra banda, un grupo de persoas cantan e bailan ó seu redor como alegres fantasmas. Con esa maestría inigualable da que fai gala Fellini, a historia parece adquirir un tono de irrealidade onírica que envolve a traxedia da protagonista. Incluso un dos músicos ladra, suliñando a deshumanización que parece rodear a Cabiria. Pero, de súpeto, unha muller nova diríxese a ela cun doce: "Buona Sera" e esa parte de Cabiria que desexa deseperadamente un mínimo xesto de cariño reacciona unha vez máis. Nun marabilloso primeiro plano, Giuletta Massina fainos sentir a desesperanza, a traxedia, a bondade e a alegría de vivir nun so golpe. A súa mirada diríxese nós durante os últimos segundos do plano, facéndonos sentir todo o que ela está sentindo e, quizáis moito máis do que podemos describir con palabras...

Creo que son os segundos que mostran a mellor actuación que eu nunca vin nunha pantalla


0 comentarios: